Noticias
Blog
O PPOU detecta a manipulación con tippex en facturas que forman parte do expediente dun recoñecemento extraxudicial de créditos
- As firmas dos técnicos municipais que deberían avalar estas facturas, por importes de 100.340,02, 368.668,35 e 365.188,35 euros (esta última é corrección da segunda), están suprimidas con tippex no expediente
- O portavoz municipal do PPOU, Rosendo Fernández, solicita a retirada deste asunto da Comisión de Pleno de mañá (é o único punto que a integra, xunto coa aprobación da acta anterior e os rogos e preguntos), así como un informe aclaratorio da Intervención Municipal
Ourense, 30 de outubro de 2014.- O Grupo Municipal do PP de Ourense ven de detectar a burda manipulación de tres facturas que figuran no expediente que mañá se tratará da Comisión de Pleno. Este expediente é relativo ao punto 2 da devandita comisión: "Recoñecemento extraxudicial de créditos 3P/2014", único punto resolutivo, ademáis, xa que o resto da orde do día o integran os rogos e preguntas e a aprobación da acta anterior.
A manipulación detectada polos populares consiste no borrado con tippex das sinaturas dos técnicos municipais que deberían avalar as seguintes tres facturas:
DATA | PROVEEDOR | Nº FACTURA | IMPORTE |
09/06/06 | AQUAGEST S.A.U | 204-16/6F | 100.340,02 € |
14/06/07 | AQUAGEST S.A.U | 204-2/7-F | 368.668,35 € |
19/06/14 | VIAQUA S.A.U | 204-14/14-F | 365.188,35 € |
No mesmo expediente, constan tamén sendos informes da Intervención Municipal e do Órgano de Xestión Económica e Orzamentaria alertando de que as referidas facturas carecen "de conformidade técnica", esto é, sen as sinaturas dos técnicos que deben dar o visto bo ás referidas facturas. Sí consta a sinatura, como responsdable política, da concelleira Áurea Soto. Pero esta non substitúe en ningún caso a que debería constar dun técnico municipal cualificado ao respecto.
Tendo en conta esta grave manipulación dun expediente económico, o portavoz municipal dos populares, Rosendo Fernández, ven de rexistrar a retirada inmediata deste punto da orde do día, así como informe aclaratorio da Intervención Municipal relativo á manipulación con tippex das referidas facturas. "Atopámonos xa ante un caso gravísimo de manipulación en documentos, un intento de engano á que endexemáis nos prestaremos. Hoxe pedimos a retirada deste punto do expediente, e en función de como transcurra este asunto, estudiaremos as próximas medidas que tomaremos".