Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Presentación de Casimiro Campo como candidato á Alcadía de Maside

Imprimir ppou - 24-Outubro-2010 - 17:40:40 

O Partido Popular de Maside proclamou ao que será o seu candidato ás eleccións municipais de 2011, Casimiro Campo, actual portavoz popular no concello e cunha longa experiencia na vida municipal, exercida tanto no goberno como na oposición.
Nun acto celebrado na Casa da Cultura de Maside, que contou coa presenza do presidente provincial do PP, Manuel Baltar, e do secretario provincial, Rosendo Fernández, Casimiro Campo dixo que traballar polos veciños e veciñas de Maside "é para min una honra e fareino coma un máis, coa humildade e coa responsabilidade que isto supón para tentar achegar a todos as melloras que o noso concello necesita despois destes anos de parón e absoluto desgoberno".

Pola súa banda, Manuel Baltar afirmou que é necesario "cambiar o rumbo errático" que está a sufrir este concello co goberno socialista. "Non hai máis ca mirar por todas partes deste fermoso municipio para ver que o que aquí se fixo é obra dos gobernos do Partido Popular, mentres que o entendido progreso do PSOE "baséase en criticar gratuitamente o que nós fixemos sen aportar nin benestar nin solución aos problemas dos veciños".
Este acto forma parte da intensa campaña que o Partido Popular de Ourense  está levando a cabo polos concellos da provincia, preparando a súa estrutura e equipos de cara ás eleccións municipais de 2011, onde os Populares agardan consolidar e seguir mellorando os resultados que converten ao PP no partido preferido maioritariamente polos ourensáns.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: