Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

19 Congreso Nacional Extraordinario Partido Popular

Benquerido/a afiliado/a,

O pasado 20 de xuño convocáronse, tal e como establece o Regulamento para o XIX Congreso Nacional Extraordinario do Partido Popular, as asembleas de votación, tanto para a elección d@ precandidat@ á presidencia nacional do Partido Popular, como para a elección (se fose necesaria) d@s compromisari@s que asistirán representando ao Partido Popular de Ourense ao Congreso a desenvolver en Madrid os vindeiros 20 e 21 de xullo.

Unha vez rematado o prazo para que tod@s aquel@s afiliad@s solicitaran a súa inscrición no censo de votantes á elección d@ precandidat@ á presidencia nacional, establécense as mesas de votación que se recollen a continuación, tendo en conta as sedes (xuntas locais) de afiliación das persoas solicitantes.

Lembramos que a votación terá lugar o vindeiro 5 de xullo entre ás 09:30 horas e ás 20:30 horas nos lugares que se facilitan e que é indispensable para votar, o terse inscrito neste proceso e levar o DNI ou pasaporte que acredite fielmente a identidade d@ afiliad@.

REMATE DO PRAZO PARA A INSCRICIÓN COMO COMPROMISARI@

Descarga aquí o documento oficial para participar na votación para a elección de compromisari@s, que deberás asinar coa sinatura orixinal e entregado na sede provincial, non valendo o envío por fax, correo electrónico ou calquer outro método de envío antes do venres, 29 de xuño, ás 14:00 horas. Xunto con este papel e dentro do prazo establecido no punto anterior, terás que ter presentado tamén a túa solicitude para participar na votación ao precandidat@ á presidencia nacional do Partido Popular.

Recorda que para presentar esta solicitude tiveches que ter presentada a solicitude como participante.

INFORMACIÓN PARA CADA PROCESO ELECTORAL

2°   Compromisari@s que asistirán ao Congreso Nacional pola provincia de Ourense

Suscíbete:
Redes Sociales: