Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

ROSENDO LUIS FERNÁNDEZ

Rosendo Luis Fernández Fernández ten cincuenta e seis anos e licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, sendo especialista en Medicina de Familia e Comunitaria. Máster en Dirección e Xestión Sanitaria e conta co Diploma de Directivo da Xunta de Galicia.

Foi director-xerente de Atención Primaria en Ourense (1992-1996) e director provincial do SERGAS (1996-2000). Dirixíu tamén a FEGAS (Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria) e presidíu o Padroado da Escola Universitaria de Enfermería de Ourense (1996-2000).

Rosendo Luis Fernández foi subdelegado do Goberno na provincia de Ourense dende o ano 2000 ata o ano 2004. A súa experiencia municipal queda acreditada tras ser alcalde de A Merca (1987-1996), sendo tamén vicepresidente da Mancomunidade Terras de Celanova (1995-2000).

Ostenta o cargo de vicesecretario Xeral do PP de Galicia dende que Alberto Núñez Feijóo Presidente do PPdeG, formando parte do Comité de Dirección do PPdeG. Dende o 30 de xaneiro de 2010 o secretario xeral do PP de Ourense.
Rosendo Luis Fernández deputado do Parlamento Galego dende o inicio desta VIII lexislatura e voceiro de Sanidade do Grupo Parlamentario Popular.

Na súa traxectoria destaca tamén a súa labor docente en temas sanitarios e a súa colaboración habitual nos medios de comunicación como columnista e tertuliano.

Suscíbete:
Redes Sociales: